RECREOS ALTERNATIVOS NA ESO - CHEGOU O SAMAÍN!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega lanza a proposta dos recreos alternativos na E.S.O. ¿Para que? Para promover o emprego da lingua galega e coñecer a cultura tradicional nos tempos de lecer. ¿Por que nos tempos de lecer? Porque permite ampliar a oferta de actividades durante o recreo para que participen aqueles alumnos e alumnas que o desexen no que se coñece nos últimos tempos como recreos inclusivos. Comezaremos no mes de outubro preparando unha pequena actuación para estrear o día de Samaín ante os máis pequenos do colexio. O único requisito é querer pasar un rato divertido e diferente nos recreos da E.S.O.

Categoría: