Programa de Inmersión Lingüística English Week

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional concede ao noso colexio a oportunidade de participar no seu Programa de Inmersion Lingüística English Week. O feito de que a nosa solicitude e proxecto conseguiran unha moi alta puntuación entre todos os colexios públicos e concertados de Galicia, permitirá que 25 alumnos/as de 3º de E.S.O. poidan aproveitar a oportunidade de convivir inmersos na lingua inglesa dende o domingo 19 de xaneiro ata o sábado 25 de xaneiro na aldea de Os Peares dun xeito totalmente gratuíto. 

Categoría: