PREMIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

1. Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2018/19.
2. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida o alumnado que teña destacado polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.
3. A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Máis información no DOGA, facendo click AQUÍ


 

Categoría: