Parabéns! Primero e segundo posto no concurso Atrévete coas matemáticas da Galiciencia!

Andrea Fieiras, Raquel Caloto e Branca Rodriguez, alumnas de 2º ESO, recolleron onte o primeiro premio do concurso Atrévete coas matemáticas organizado pola Galiciencia 2016.

Despois de superar tres desafíos matemáticos online o pasado curso, o 18 de Novembro disputaron a final do concurso. Celebrouse nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, onde se xuntaron alumnos de diferentes puntos da comunidade. Non só o grupo AnRaBla conseguiu o primeiro posto, senon que Os Matemáxicos (Alejandro González, Alberto Reija e Javier Galocha), tamén do noso centro, conseguiron a segunda posición.

Velaquí lembramos o vídeo que AnRaBla enviou ao concurso para superar o terceiro desafío.

Ver vídeo

Categoría: