Operación Xoguete 2020

Xa está aquí a operación xoguete!

Dende o equipo de solidariedade decidimos seguir facendo esta campaña, xa que desexamos que ningún neno se quede sen o seu xoguete!
Levarase a cabo durante os días 25 e 26 de novembro.
Durante as 8:15 e 9:30 da mañá deses días, unha furgoneta estará aparcada no patio para a súa recollida.


O 25 de novembro participará o alumnado de infantil e 4º,5, 6º de primaria. As familias de infantil (que entran no colexio traer os nenos), deixarán os xoguetes no céspede do patio cuberto antigo despois de deixar o nenos coa mestra ou na aula(haberá uns carteis informativos adicados a tal fin), o alumnado de 2º ciclo de primaria (1º, 2º, 3º ), fará o mesmo (neste caso serán os propios alumnos) os que deixen as bolsas. No caso de 4º de primaria a zona habilitada será no céspede da cuberta nova.


O 26 de novembro, participará o 1º ciclo de educación primaria e os cursos de secundaria. O proceso será o mesmo, o alumnado que entre pola zona da cuberta antiga dispoñerá alí do espazo habilitado e os que o fagan pola cuberta nova, o mesmo. 

Os xoguetes, como cada ano, deberán vir envoltos e cunha etiqueta na que se indique o nome do xoguete e a idade recomendada.
 

Categoría: