Modelo educativo: A metacognición

Que é a metacognición?


«Metacognición é o coñecemento dun mesmo relativo aos propios procesos e produtos cognitivos ou a todo o relacionado con eles».

John H. Flavell

 

 

Cando falamos de metacognición, referímonos ao proceso que nos fai conscientes da nosa propia aprendizaxe e que nos permite reflexionar sobre o xeito de aprender. A metacognición é un proceso para aprender a pensar e desenvolver a capacidade de analizar. Emprégase para observar o noso pensamento, reflexionar sobre o xeito de aprender e avaliar a eficacia da estratexia empregada.

 

Por que facemos a metacognición?

Porque permite aos nosos alumnos e alumnas recoñecer os seus propios procesos cognitivos, examinalos, organizalos e regulalos.

Buscamos que o alumnado sexa quen de controlar as estratexias metacognitivas e os procesos que interveñen na construción do seu coñecemento.

O importante non é ter boa memoria; faise preciso aprender a organizar os coñecementos e xerarquizalos.

 

Para que?

  • Para facer conscientes aos alumnos das estratexias que empregan para aprender
  • Para identificar as súas habilidades
  • Para asociar e conectar os coñecementos previos e os novos
  • Para recoñecer a utilidade do aprendido
  • Para planificar os procesos cognitivos
  • Para ser quen de reinventar o proceso de aprendizaxe noutras situacións
  • Para recoñecer os seus progresos


Como o facemos?

A través de diferentes técnicas que nos chegan dos nosos influencers da educación. As escaleiras da metacognición ou o metacognify son bos exemplos das dinámicas que empregamos nas nosas aulas para reflexionar sobre o aprendido.