Que son os grupos base?
Os grupos base son unha forma de traballo cooperativo. Trátase de grupos con 4 ou 5 membros que se constitúen ao inicio de cada curso co obxectivo principal de que cada alumno teña sempre os mesmos compañeiros para compartir e resolver dúbidas académicas e inquietudes persoais.
Na maioría das titorías do noso colexio, e seguindo o Modelo Educativo Marista, se está a traballar con este tipo de grupos e se facilitan reunións os luns antes do comezo das clases e os venres ao finalizar a mañá.
Por que?
· Os nosos alumnos están máis motivados para cumprir coas súas obrigas porque se espera deles que compartan as súas dúbidas no grupo base cada inicio e final de semana.
· As discusións do grupo base poden ser moi frutíferas en termos de conflitos resoltos entre compañeiros.
· Foméntase o apoio entre iguais.
Para que?
· O grupo estable proporciona apoio, axuda e ánimo para progresar académica e emocionalmente.
· O grupo base fomenta a responsabilidade e organización dos seus compoñentes.
· A cooperación entre iguais aporta seguridade e confianza.