Mapas mentais

“As imaxes, máis que as palabras, proporcionan axudas concisas para a memoria”

“Se só traballa un lado do cerebro, entón vostede está igual que unha persoa que corre cunha soa perna”

“Grazas aos mapas mentais podes converter una longa e aburrida lista de información nun diagrama brillante, sinxelo de lembrar e moi organizado. Os teus pensamentos en sintonía cos procesos naturais do teu cerebro”


Tony Buzan

Que son?

Os mapas mentais consisten nunha representación gráfica do coñecemento.

 

Por que os utilizamos?

Os mapas mentais estimulan a memoria. Permiten xerar e asociar novas ideas. Axudan a lembrar datos. Facilitan a ordenación e estruturación dos contidos. Condensan a información e a organizan de xeito visual. Son unha ferramenta ideal para @s nos@s alumn@s.

Para que os empregamos?

• Para resumir e sintetizar a información
• Para desenvolver o traballo cooperativo
• Para organizar e consolidar os coñecementos a partir de nodos e asociacións de ideas
• Para axudar a pensar sobre problemas complexos dun xeito esquemático
• Para presentar a información nun formato creativo e estruturado

Como se elabora?

• Proxéctase sobre unha idea central creativa en sentido horizontal
• As ideas secundarias escríbense en ramas mais delgadas
• Emprégase unha cor para cada bloque informativo
• A lectura faise no sentido das agullas do reloxo
• Ponse o foco nas palabras clave
• Represéntase un símbolo ou icona por cada idea
• Utilízanse cores e imaxes con creatividade

 

Para saber máis:

O creador da técnica de mapas mentais foi Tony Buzan, autor de The Mind Map Book e Use Your Head.

http://www.tonybuzan.com/