Luz do Sur e Operación Quilo

Comeza decembro e con el novas campañas moi importantes no noso colexio.

  • LUZ DO SUR -  o 10 de decembro serán entregadas as candeas e os titores recollerán a aportación voluntaria que se queira facer ata o día 18 de decembro.
  • OPERACIÓN QUILO - O proceso será o mesmo que na Operación Xoguete , pero farase durante os días 14, 15, 16 e 17 de decembro no mesmo horario (8:15 a 9:30), deixando as bolsas na zona habilitada do patio cuberto. É importante facer a entrega de quilos nas datas asignadas a cada curso que se distribúen da seguinte maneira:

    • 14 de decembro, participarán os cursos de infantil (serán as propias familias quen depositen as bolsas no lugar indicado) e 1º de ESO.
    • 15 de decembro participarán 1º, 2º, 3º, 4º de primaria.
    • 16 de decembro participarán, 5º, 6º e 2º de ESO.
    • 17 de decembro participarán, 3º, 4º de ESO e o profesorado. 
Categoría: