Hoxe con nós o Equipo MarCha

Todos os profesores do colexio pertencemos a un equipo de traballo no que estudamos, planificamos e organizamos as distintas actividades que levamos a cabo ao longo do curso no noso centro. Non todas as iniciativas teñen a mesma visibilidade polo que pouco a pouco iredes coñecéndonos. Hoxe acercámonos ao EQUIPO MarCha.

Membros do equipo: Lucía, Natalia, Alejandro, Claudia, Sarai, Noelia, Chema, Antía, Coral, Ruth e Julio.

Obxectivos principais do equipo: propiciar un espazo de convivencia no tempo de lecer no que cada rapaz sexa capaz de coñecerse mellor, establecer novos lazos de amizade cos demais e actuar con liberdade plena apreciando as diferenzas cos demais.

Actividades colexiais propostas polo equipo: para os rapaces e rapazas a partir da ESO, que se inscriban en MarCha, organízanse actividades educativas de lecer enfocadas a compartir experiencias e vivir os valores maristas. As actividades programadas poden ser de etapa, de grupo local, a nivel autonómico e xunto con todos os grupos MarCha da provincia Compostela.


Tempos de traballo: de xeito xeral as actividades teñen unha periodicidade de 3 semanas, cunha duración aproximada de 2 horas. Tamén hai actividades que implican unha pernocta e excursións fóra da cidade.


 

Categoría: