Hoxe con nós, o Equipo ERE

Os profesores do colexio que pertencemos ao Equipo de Ensinanza Relixiosa Escolar queremos acercarvos ás celebracións e actividades que promovemos e desenvolvemos ao longo do curso.

Membros do equipo: Marcos R., María Luisa, María e Muchi

Obxectivos principais do equipo: informar e dar difusión ás celebracións que se propoñen dende o equipo, empregando os medios de comunicación que temos ao noso alcance (tradicionais e redes sociais). O que queremos e dar visibilidade das actividades realizadas cos alumnos/as e coas familias.

Actividades colexiais propostas polo equipo: Asamblea ERE cos mestres que imparten esta área, celebracións de Pascua e Marcelino Champagnat cos alumnos. O Equipo ERE é o encargado de dinamizar estas actividades.

Tempos de traballo: reunímonos unha vez ao mes para revisar e planificar as diferentes accións que temos programadas no noso plan anual.
 

Categoría: