HOXE CON NÓS, O EQUIPO DE CALIDADE

Todos os profesores do colexio pertencemos a un equipo de traballo no que estudamos, planificamos e organizamos as distintas actividades que levamos a cabo ao longo do curso no noso centro. Non todas as iniciativas teñen a mesma visibilidade polo que pouco a pouco iredes coñecéndonos. Hoxe acercámonos a o EQUIPO DE CALIDADE.

  • Membros do equipo: Conchi Alvariño, Juncal Carreira e Cristina Pena
  • Obxectivos principais do equipo: sistematizar a análise de enquisas e indicadores, revisar os procedementos existentes para a súa actualización, analizar a voz dos grupos de interese, atender ás directrices da Provincia Marista en relación á xestión e ao sistema de calidade da institución.
  • Actividades colexiais propostas polo equipo: o noso traballo ten por obxectivo analizar a calidade do centro educativo, atendendo aos procedementos de ensinanza-aprendizaxe, á satisfacción dos membros da comunidade educativa e á xestión do centro escolar. Para iso revisamos indicadores de todo tipo ao longo dos diferentes trimestres, facemos Focus Group con pais e nais das diferentes etapas educativas e analizamos os datos das enquisas de satisfacción do alumnado, das familias e dos traballadores.
  • Tempos de traballo: reunímonos unha vez ao mes para revisar e planificar as diferentes accións que temos programadas no noso plan anual.
Categoría: