DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Desde o Departamento de Ciencias do colexio imos celebrar o Día da Nena e a Muller na Ciencia o martes 11 de Febreiro. Para facelo, temos previstas varias actividades dentro do proxecto "Agora e sempre, protagonistas da ciencia":

 

  • Amencer científico en clave feminina: Cada curso da ESO terá asignada a unha muller científica sobre a que aprenderá un pouco na mañá do martes. Ese día, o tempo de amencer dedicarémolo a ler o cómic sobre a súa vida e a súa contribución á ciencia e logo dunha reflexión, sacaremos conclusións.
  • Exposición de reseñas de mulleres científicas na entrada do colexio, que poderán visitar as familias e o alumnado (traballo realizado por 1º ESO).
  • Exposición virtual @100ciaMaristas: "Mulleres na Lúa" (traballo realizado polo alumnado de Cultura Científica de 4º ESO)
  • Actividade de intercambio de experiencias científicas de 2º ESO con 2º PRM: "Carnet de científic@"
  • Charla e obradoiro sobre a adaptación de subtítulos de audiovisuais para persoas con problemas de audición, a cargo da Dra Lourdes Lorenzo, da Universidaded e Vigo. Será no salón de actos de 9:40 a 11:20 h para 1º e 2º ESO. Esta actividade está enmarcada no ámito das TIC.
  • Mesa redonda "As nais científicas", no salón de actos de 12 a 13 h aprox., para 3º e 4º ESO. Contamos coa colaboración de catro nais de alumnos e alumnas do noso colexio. Todas elas fixeron carreiras do ámbito científico e teñen profesións relacionadas con diferentes campos do mundo da ciencia (veterinaria, enxeñería, docencia universitaria, bioloxía, etc). Grazas a Andrea Macho, María del Carmen Vale, María del Carmen García e Marta Miranda. Será unha experiencia fantástica.
Categoría: