Concurso de deseño de camisetas

Os alumnos de 2º ESO puxeron en marcha un Concurso de deseño de camisetas proposto para os alumnos de primaria. O prazo para a presentación de deseños é ata o próximo 13 de Outubro. A temática son as matemáticas porque a idea é motivar ao alumnado para que se presente ao concurso proposto por Galiciencia (www.galiciencia.com), co que os alumnos de 2º ESO gañarían puntos para poder visitar a feira de ciencia que se celebra os vindeiros 16, 17 e 18 de Novembro e acompañar a 6 dos seus compañeiros que están na fase final do concurso “Atrévete coas matemáticas” proposto pola mesma organización.

Categoría: