Celebración Día Montagne

O luns 28 de outubro tivo lugar a celebración Montagne para lembrar a experiencia que serviu de detonante ao noso fundador, Marcelino Champagnat, para fundar a congregación dos Irmáns Maristas. Os alumnos maiores foron ás aulas dos pequenos na súa busca para acompañalos ao patio onde se atoparon todos os membros da comunidade educativa. Unha lectura inicial recordou a experiencia que Marcelino viviu ao coñecer ao novo Montagne, unha experiencia que, como sabemos, levou a San Marcelino a recoñecer a súa misión e o animou a por en marcha o seu proxecto. A continuación tivo lugar unha ofrenda de compromisos dos distintos cursos, animando así aos xoves a se por en marcha para cambiar aquelo que vemos que precisa o noso entorno: a familia, os amigos, a casa común… porque un mundo mellor é posible, así o cría Marcelino e así o seguimos crendo nós. Rematamos o acto animados polo alumnado e profesorado de MarCha e a canción "Tú serás hoy Champagnat". 

Categoría: