Agradecemento de 2º de E.S.O. pola "Operación Quilo"

    Como xa sabedes estes últimos días os alumnos de 2º da ESO, estivemos animando aos alumnos deste colexio e as súas familias a que trouxeron alimentos para esta campaña solidaria chamada “OPERACIÓN QUILO”. Recadamos 1.097 kg.

    Nas materias de titoría, matemáticas e tecnoloxía poidamos dar conta da importancia de traer alimentos para axudar as persoas que máis o necesitan; Hai moita xente no mundo que non pode gozar de todas as comidas do dia, nós por sorte non sabemos o que isto, por iso queremos agradecervos que colaborarades nesta campaña. Moitos nenos morren de fame tódolos días e grazas ao noso grao de area estamos intentando erradicar as mortes infantís pola pobreza.

    Colaboramos co Banco de alimentos, o Comedor Social, a Parroquia da Nova, o Asociación xitana e a Residencia de Anciáns. Nos, axudamos xunto con eles, a minguar a situación de pobreza e de necesidade nestes colectivos.

Sabiades que a solidariedade é un dos valores máis importantes que pode ter unha persoa, é fermoso, axudar á xente que o necesita, pero máis fermosa é a sensación de saber que a xente con poucos recursos vai gozar ao máximo cos alimentos que nós doamos; para nós, esa pouca cantidade de alimentos non é nada, pero a xente sen recursos pode determinar un paso entre a vida e a morte.

GRAZAS
 

Categoría: