Chega o Samaín e, como cada ano, no noso colexio queremos celebralo dun xeito creativo e cheo de imaxinación. O EDL e a ANPA anímanvos a participar no noso tradicional Concurso de Cabazas para Infantil e 1º Ciclo de Primaria e de Decoración de Portas de Clase para 2º e 3º Ciclo de Primaria e a ESO. Unha oportunidade para que todos, tanto pequenos como maiores, amosedes o voso talento artístico e enchamos o colexio cos mellores decorados.
VI CONCURSO CABAZAS
BASES DO CONCURSO:
TEMÁTICA LIBRE.
MODALIDADE: FAMILIAS (PAPÁS E ALUMNADO).
DESTINATARIOS: INFANTIL e 1° CICLO PRIMARIA.
- Valorarase a orixinalidade e o emprego de materiais de refugallo.
- As cabazas participantes deberán entregarse ao entrar ao colexio o 28 de outubro.
- Recolleranse no patio cuberto e colocaranse sobre unhas mesas.
- Tódalas cabazas estarán identificadas cunha tarxeta na que figure nome, curso e etapa.
- Concederase un premio por categoría, sendo estes como seguen:
- Ed. Infantil: entrada de cine para papás e alumno/a
- Ed. Primaria 1º Ciclo: entrada de cine para papás e alumno/a
- O xurado poderá declarar os premios desertos, se a calidade dos traballos presentados non é a axeitada. O xurado elixirá os mellores traballos de cada categoría. O gañador será o que máis puntuación teña nas RRSS.
- As familias recollerán a cabaza o mércores 30 á saída do colexio.
- Participar no premio supón a aceptación das bases do mesmo.
III CONCURSO DECORACIÓN PORTAS DE CLASE
BASES DO CONCURSO:
TEMÁTICA SAMAÍN.
MODALIDADE: ALUMNADO
DESTINATARIOS: 2º e 3° CICLO PRIMARIA e ESO
- Valolarase a orixinalidade e o emprego de materiais de refugallo.
- As portas deberán estar adornadas o 28 de outubro.
- Concederase un premio por categoría, sendo estes como seguen:
- 3º e 4º Primaria: a clase gañadora terá 1 h libre a concordar co titor/a
- 5º e 6º Primaria: a clase gañadora terá 1 h libre a concordar co titor/a
- 1º e 2º ESO: a clase gañadora terá 1 h libre a concordar co titor/a
- 3º e 4º ESO: a clase gañadora terá 1 h libre a concordar co titor/a
- O xurado poderá declarar os premios desertos, se a calidade dos traballos presentados non é a axeitada. O xurado elixirá os mellores traballos de cada categoría. O gañador será o que máis puntuación teña nas RRSS.
- Participar no premio supón a aceptación das bases do mesmo.