Chegamos ao mes de decembro coa tradicional campaña solidaria de Nadal en beneficio daquelas persoas máis desfavorecidas: a Operación Quilo.
Seguimos en Advento e queremos ofrecer a posibilidade de axudar ás persoas da nosa contorna que máis o necesitan. Como? Axudando a cubrir unha das necesidades máis importantes: a comida.
Todos os días da semana que ven (do 13 ao 17 de decembro) recolleremos comida á hora da entrada ao colexio, que doaremos á parroquia de Santiago “A Nova» (a nosa parroquia), á Residencia de anciáns “Sor Ángela de la Cruz”, á asociación xitana, ao Comedor Social e ao Banco de Alimentos.
Os alimentos deben estar en bo estado, e ser non perecedoiros, como leite, aceite, fariña, azucre, cacao en polvo, conservas de carne, de pescado, de verduras e de froitas, legumes, pasta, arroz, galletas, produtos de alimentación infantil e para lactantes, etc.
Estes alimentos entregaranse entre el 13 e o 17 de decembro ao titor na clase. Excepto no caso de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, que para que non carguen con peso ata as aulas, poden deixar os alimentos que aporten no céspede do patio cuberto. Posteriormente o alumnado de 2º da ESO encargarase de recoller as bolsas da comida e de preparar os paquetes para ser distribuídos. Ademais, tomarán boa conta do que se recolla, xa que con esa información, farán un proxecto de estatística.
Esperamos e desexamos a vosa colaboración coma en anos anteriores, nos que se puideron repartir máis de 1.000 quilos de alimentos. Pois ese é o verdadeiro sentido do Nadal, dar luz onde hai escuridade.