Un curso máis, celebramos no colexio o Día de Montagne, xornada que lembra ao mozo que inspirou a San Marcelino Champagnat para crear o Instituto Marista en 1817.
Foi o 28 de outubro de 1816 cando en La Valla (Francia), o noso fundador atendeu a un mozo moribundo, Juan Bautista Montagne que carecía dos coñecementos culturais e relixiosos máis elementais. A experiencia marcouno tanto que, apenas uns meses despois, o 2 de xaneiro de 1817, poñía en marcha aos Hermanitos de María e nacía a Obra Marista dedicada a acompañar e educar aos nenos e mozos máis necesitados.
O tempo non deixou que a celebración fose como esperabamos pero puidemos lembrar o episodio Montagne cunhas lecturas pola megafonía do colexio e con titorías nos distintos cursos nas que preparamos un símbolo en forma de ladrillo de diferentes casas, facendo un guiño ao lema deste ano, no que puidemos escribir os nomes das persoas para as que somos importantes e que son importantes para nós.