A semana pasada o alumnado do colexio demostrou unha vez máis a solidariedade que os caracteriza.
Lembráronse das persoas maiores, as máis vulnerables da pandemia, e mediante o proxecto «Cartas de luz» quixeron transmitirlles todo o seu apoio e amor.
O alumnado de 5° de Primaria escribiulles cartas de ánimo, o alumnado de 6° de Primaria compuxo poemas, e o de 6° de Infantil fíxolles debuxos cheos de cor, que seguro inundarán de luz os corazóns deses superheroes e superheroínas que viven en residencias.
A todos lles fixo moita ilusión participar nesta actividade, o que revela o seu interese por facer deste, un mundo mellor, máis empático e solidario.