O Advento, tempo de preparación, tempo de reflexión, hai cousas por cambiar? Miramos ao noso arredor e pensamos «moitas, demasiadas» pero a solución non é quedar de brazos cruzados se non poñer cada un o noso gran de area na búsqueda do mundo que queremos. E iso é o que tratamos de facer coas campañas solidarias de Nadal nas que recollemos unha importante cantidade de xoguetes e 773 quilos de alimentos.
Un ano máis a familia Maristas demostra que o pouquiño que podemos aportar cada un convírtese en cifras importantes cando traballamos en equipo, a favor dun obxectivo común. Moitas grazas a toda a comunidade educativa por este éxito de todos. Grazas especiais ao alumnado de 2º ESO e 3º ESO pola súa colaboración na xestión dos alimentos e os xoguetes respectivamente.