As persoas que teñan concedida a axuda ou axudas, deberán presentar no Servizo de Educación (Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 3º andar) o DNI orixinal do solicitante e unha certificación expedida polo centro educativo onde conste: nivel, curso e centro educativo no que están matriculados a alumna ou alumno para o curso 2019-20.
En caso de non ser o propio solicitante, a persoa que recolla o vale deberá presentar DNI orixinal, fotocopia do DNI do solicitante e autorización de recollida asinada por autorizante e autorizado (poderase recoller modelo de autorización na Concellería de Educación e difusión do coñecemento).
O prazo de presentación queda establecido en 10 días a partir do día seguinte á publicación das listas definitivas (desde o 8 de xaneiro ata o 21 de xaneiro de 2020, ámbolos dous inclusive).
Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale para canxear por material educativo nas librerías, por un valor igual ó da/s axuda/s concedida/s.
O HORARIO para a recollida de vales queda establecido de 9 a 13.30 HORAS