Actualmente so o 15% das escolas rurais de Níxer teñen auga potable. As dificultades de acceso á auga potable afectan negativamente á saúde, nutrición e ás posibilidades de desarrollo de 3 millóns de nenos e nenas en idade escolar.
Con motivo da celebración do Día da Auga o pasado 22 de marzo, o alumnado de ESO está traballando no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo Gotas para Níxer, cada gota conta, que pretende concienciar sobre a importancia do dereito de todos os nenos e nenas a ter acceso a auga potable tal e como se recolle no ODS 6 da Axenda 2030.
Desde as 9h e ao longo de toda a mañá do venres 25 de marzo, os diferentes curso de secundaria acudirán ao Parque de Rosalía de Castro para participar nunha xincana que contará con diferentes «postas» nas que terán que resolver probas relacionadas coa temática do proxecto. O alumnado irá conseguindo gotas e percorrendo quilómetros que servirán para decorar dous grandes murais.
Os cartos recaudados ao longo de toda a semana nas aulas será entregado para colaborar co programa de supervivencia infantil de UNICEF en Níxer «Gotas para Níxer»