Un ano máis, os nenos de 1º e 2º de primaria participarán na campaña "Almorzos saudables".
A finalidade desta actividade é previr enfermidades cardiovasculares, a obesidade infantil e outros déficits nutricionais presentes na nosa sociedade, así como instaurar e promover hábitos correctos de alimentación.
A actividade consistirá nunha pequena charla, xogos e un almorzo con leite, cacao, pan integral, aceite de oliva, tomate, xamón curado, mazás e peras.
¡A comer!