A finalidade desta campaña é a colaboración coa Asociación Lucense de Enfermos do Ril: Alcer. A cantidade obtida irá destinada á investigación do síndrome de Dent, unha enfermidade rara que non ten cura e causa graves danos aos riles.
O diñeiro que se obteña do reciclado dos tapóns irá a parar á Asociación Galega da Enfermidade de Dent, Art for Dent.
A partir do venres, 5 de novembro comezaremos a recollida. Deixaremos un contedor en cada un dos patios cubertos para que o alumnado deposite neles a bolsa cos tapóns no lugar que lle corresponda na entrada ao colexio. En infantil serán as familias as que o farán.
Só haberá un día á semana para esta recollida, que será os venres durante as entradas da mañá ao colexio. Ese mesmo día, un membro da asociación Alcer virá por eles.