Visita do Bispo da diocese de Lugo ao Colexio

Os alumnos de 4º de ESO, na programación das actividades da Área de Relixión, mantiveron un encontro na aula de interioridade co Señor Bispo Don Alfonso. Veu acompañado por do José Antonio Adrio, párroco de San Pedro e delegado diocesano da xuventude.
Neste encontro manifestáronse as distintas inquedanazas que a estes amosan sobre a súa vida interior; así como as dúbidas que lles xurden propias da idade en todo o relativo á nosa Igrexa, a Católica.
O noso Pastor respostoulle con moita pedagoxía e liberdade a todos aqueles interrogantes que na sala se escoitaron por parte destes mozos.
Foi un encontro proveitoso.
Dámoslle as grazas a Don Alfonso e a Don José Antonio por adicar unha parte do seu tempo a escoitar a esta xuventude que necesita de orientación cristiá.

 

 


 

Categoría: