Os alumnos de 1º de ESO visitaron o centro de San Vicente de Paúl

Os alumnos de 1ºB da ESO do noso colexio visitaron o centro San Vicente de Paúl o luns 4 de decembro. Á súa chegada ao centro foron recibidos polos usuarios con mostra de agarimo e emoción . Despois dunha breve presentación, e tras dividirse en varios grupos, comezaron a realizar talleres cos usuarios do centro, quenes estaban deseosos de mostrar aos visitantes as súas habilidades. Os alumnos participaron nos talleres de elaboración das candeas, dos xabóns, aprenderon a montar caixas e axudaron a preparar adornos de Nadal.
Durante a pausa para a merenda, compartiron cos usuarios as instalacións do comedor e pasaron un rato moi agradable. Unha vez finalizado o percorrido polos diferentes talleres, os visitantes dividíronse de novo, uns saliron ao patio a compartir un tempo de ocio no que xogaron ao baloncesto e ao futbol, mentres que outros preferiron quedarse dentro para xogar a xogos de mesa, bailar ou escoitar música. Ao finalizar tiveron un tempo para mercar xabóns ,candeas e cerámica das que elaboraron os usuarios durante a súa xornada de traballo. Despois de compartir a xornada cos rapaces e rapazas de San Vicente de Paúl, os alumnos abandoaron o centro moi contentos e satisfeitos máis con pena por marcharse e desexando repetir a experiencia. Tamén en decembro, os rapaces de San Vicente de Paúl visitarán o colexio, invitados polos alumnos de 4º de ESO. 
  

Artigo elaborado polas alumnas Carlota Valado e Carolina Zapico de 1º ESO B

Categoría: