MODELO EDUCATIVO MARISTA

Maristas aposta por un modelo de educación integral, baseado nas intelixencias múltiples, rutinas de pensamento e traballo cooperativo

EN EDUCACIÓN INFANTIL:
A educación infantil concíbese coma unha etapa educativa na que o neno poida ampliar progresivamente os seus ámbitos de experiencia así como efectuar determinadas aprendizaxes que o doten dunha autonomía crecente para resolver os retos que xorden na vida cotián. O MODELO PEDAGÓXICO MARISTA (chamado ICREZCO) APOSTA POR:
• Aprendizaxes significativos: os nenos/as poden establecer relacións entre as súas experiencias previas e os novos aprendizaxes.
• Globalización: este principio supón que o aprendizaxe é produto do establecemento de múltiples conexións, de relacións entre o novo e o xa aprendido.
• Secuencias de aprendizaxe: proporase o concurso de contidos de distinto tipo e distintas áreas, plantaranse outras actividades que alternen coas propostas globalizadas.
• Aprendizaxe lúdico: o xogo. A través del introduciranse valores e hábitos como a importancia de compartir, de escoitar, de traballar en grupo, de respectar quendas; tamén se fomentará a autoestima e a propia autovaloración, case sen darse conta adquirirán novos coñecementos e aptitudes nun clima de afectividade, comprensión.
• Organización da aula: Distribuirase a aula en distintos espazos para traballar as intelixencias múltiples: lingüístico, lóxico-matemático, viso-espacial, xogo simbólico e intrapersonal. Permitirase o desenrolo motor pero tamén o intelectual e actitudinal. Será un ambiente no que os nenos/as se sintan a gusto e no que se poida fomentar a súa autonomía.
• Interacción entre iguais. Traballo cooperativo. Mentres os nenos/as desenrolan as súas tarefas, “axudan” os outros nos seus futuros aprendizaxes, descubrimentos, enriquecéndose mutuamente.

 

 EN PRIMARIA E ESO (modelo IAPPRENDO)
1. As intelixencias múltiples: con elas aplícanse distintas estratexias de aprendizaxe para alcanzar os estándares. Polo tanto, tamén se está a atender á diversidade do alumnado.
2. O traballo cooperativo:
a. Agrupamentos en 1-2-4: con esta técnica de agrupamento atenderase ao traballo individual (1) ao traballo cooperativo en parellas (2) e ao traballo en grupos máis amplos (4). Con esta técnica tamén se atende á diversidade porque á hora de realizar os agrupamentos terase en conta as distintas capacidades do alumnado. 
b. Ademais dos agrupamentos empregaranse distintas Técnicas Cooperativas para alcanzar os estándares e adquirir e desenvolver as competencias nomeadas no punto 5. Cítanse algunhas: lapis ao medio, lectura cooperativa, control grupal, a lista, que sei e que sabemos, presento o traballo, un para todos…
3. A Cultura do Pensamento: empregaranse distintos organizadores gráficos referentes ás rutinas, destrezas e a organizadores de contido. Con isto preténdese que o alumnado sexa capaz de organizar os contidos e o seu pensamento sobre os diferentes temas que se traten. Estes organizadores forman parte das estratexias para alcanzar os estándares e adquirir e desenvolver as competencias.
4. A Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP): esta técnica de metodoloxía activa considérase a máis complexa, a máis esixente e coa que o alumno acada o grao máis alto da aprendizaxe. Con ela o alumno ten que elaborar un produto final a partir dos coñecementos adquiridos ao longo do proxecto. Para elo pasará por diversos exercicios, variadas actividades e tarefas ata lograr elaborar o produto final. Coa ABP pretendemos que a aprendizaxe sexa cooperativa, basicamente, que teña un enfoque multidisciplinar, que sirva para fixar varios estándares de aprendizaxe, que atenda á diversidade do alumnado (pódense sacar produtos distintos) e que consiga adquirir e desenvolver a maioría das competencias.
5. Os Proxectos de Aprendizaxe e Servizo (APS), Con eles o alumnado ten que elaborar un produto que teña un fin de servizo social.
6. A metacognición: é un dos procesos claves do proceso de ensino-aprendizaxe. As cuestións que aprendín?, como o aprendín?, para que me serve?, en que outras situacións podo aplicar o aprendido? e que me pregunto? son claves para que o alumno centre a súa aprendizaxe. Aquí entra a autoavaliación e a coavaliación.
7. GIER: A Educación Marista inspírase no carisma pedagóxico e espiritual de Marcelino Champagnat e posúe unha singularidade no conxunto das diferentes ofertas educativas que existen. Educar desde o carisma marista vai asociado a un estilo ou maneira concreta de estar entre os nenos e os mozos. Non entendemos educación e evanxelización como procesos separados nin paralelos. Os dous son procesos vitais, en tanto acontecen en todo o que vivimos. Por iso, cada acción educativa é unha acción evanxelizadora.

Categoría: