Fase final Parlamento Xove 2019

Esta fin de semana tivo lugar a fase final da X Edición de Parlamento Xove. O tema a debatir foi "Sería a democracia directa un mellor sistema que a democracia representativa?". Este ano dous equipos do colexio chegaron a esta segunda fase. O equipo de 4º E.S.O. chegou á final no hemiciclo enfrentándose ao equipo do Colexio Sagrada Familia de Vilagarcía. Voltaron á casa cun meritorio segundo posto. Felicitacións ao alumnado participante nesta actividade e gracias por facer chegar o nome do colexio a concursos con este renome. 

Categoría: