DOUS EQUIPOS DE MARISTAS NA FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE 2019

O equipo de 4º E.S.O. formado por Raquel Caloto, María López, Nerea Santórum e Pablo Rodríguez e o equipo de 3º da E.S.O. formado por Sabela Alonso, Xián Luna, Claudia López e Claudia Pérez acadaron o cuarto e quinto postos respectivamente na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2019.

Nesta competición dialéctica, celebrada en Culleredo o pasado 8 de marzo, participaron 22 equipos con alumnos de 3° e 4° da E.S.O. de diferentes colexios de Galicia. O tema de debate esta vez foi "Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da Unión Europea?”. Agora agárdalles a fase final en Santiago de Compostela, con data aínda por definir e con outro tema de debate. 

Categoría: