Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017/18

O día 11 de maio, publicouse no DOG a Orde do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Nos seguintes artigos de dita orde establécese que:

Artigo 4.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes;comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.
As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo8.
Os centros educativos enviarán a certificación académica dos estudos de educación secundaria obrigatoria (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de educación secundaria obrigatoria recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media a que se refire o artigo 3.3, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a director/a do centro onde se atope o expediente académico.
Esta certificación enviarase ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.es

Artigo 10.
[...]
3. A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018 e realizarase nos lugares e no horario que se deron a coñecer mediante Resolución do 14 de maio de 2018 (DOG do 28 de maio) publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria https://www.edu.xunta.gal
[...]
(A citada resolución publicouse no DOG do 28 de maio de 2018)

Nota: Os rexistros dos centros docentes non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no artigo 4. Os centros non deben recoller ningunha solicitude.
 

Categoría: