Concurso literario Frei Martín Sarmiento

Este ano participan neste concurso 129 alumnos da ESO. Para formar parte do concurso teñen que ler as seguintes obras:

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
CAROU FIGUEIRA, NATALIA; A cova da moura; Bahía edicións
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO; Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO; Presas fáciles; El Patito editorial
TROUBS; A Alquitara; Ed. Figurandorecuerdos

 

Os pais poden participar na Sección de Adultos lendo as seguintes obras:

6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia
FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora

Se se queren anotar, póñanse en contacto cos profesores: Muchi Rodríguez (Infantil) Yesica Pico (Primaria) e Manuel Barreiro (ESO).

Teñen máis información no seguinte enlace:

http://www.blogoteca.com/sarmiento/

Esta actividade está promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Categoría: