Celebración Día da Paz

O luns 28 de xaneiro celebramos no colexio o día da paz e da non violencia. Foi un acto moi emotivo no que os maiores compartiron a xornada cos máis pequenos. Houbo tempo para a lectura dun manifesto por parte dos rapaces de 4º ESO, así como dun cántico en común para pedir a paz. Outro dos momentos importantes da celebración consistiu na colocación dos vagóns dun tren, vagóns cargados cos nomes dos alumnos e alumnas e unha palabra que nos guíe na procura dun mundo mellor. 

Categoría: