CAMPAÑA comer sí, tirar non

Desde Sogama acaban de lanzar unha campaña educativa orientada a reducir o desperdicio alimentario no fogar. Baixo o lema “Comer si, tirar non”. Trátase de consellos e boas prácticas para minimizar a cantidade de comida que cada día acaba no cubo do lixo, un fenómeno con serias consecuencias ambientais, económicas, sociais e mesmo morais.

Nesta ligazón http://www.sogama.gal/gl/campanha/comer-si-tirar-non podedes atopar  un xogo en liña orientado aos escolares e que leva por título “Nesta casa non se tira nada”, unha cuña radiofónica e seis microvídeos nos que, a través de imaxes, se proporcionan sinxelas recomendacións para facer fronte a este problema.

Nesta ligazón http://www.sogama.gal/xogos/tirar/ tedes un xogo interactivo paa os máis pequenos.
 

Categoría: