CADA PASO CONTA: PON A TÚA GOTA

Os alumnos e alumnas de Cultura Científica de 4º ESO estamos traballando no proxecto solidario “Gotas para Níxer” en colaboración con Unicef. Esta campaña ten como obxectivo lograr que os nenos e nenas de Níxer teñan acceso á saúde e á educación, construíndo instalacións de auga potable e saneamento nos centros educativos.

Nós queremos aportar o noso gran de area, as nosas “gotas”, para apoiar o traballo de Unicef neste país africano a través da “Carreira de Gotas” que se levará a cabo o día 22 de marzo na Muralla (coincidindo co Día Mundial da Auga) e na que queremos que participe todo o alumnado da ESO.

Estes días pasaremos polas clases motivando aos nosos compañeiros e compañeiras xa que o fundamental é que todos os participantes entendan e valoren a aportación tan importante que poden facer.

Colaborara é moi sinxelo: os participantes buscan patrocinadores, xa sexan amigos ou familia aos que lles piden unha aportación económica por cada volta dada. Nós encargarémonos de repartir os dorsais e pulseiras azuis e de organizar a carreira o día 22.

Todo o recadado farémolo chegar a Unicef facendo un ingreso na conta do Banco Santander-IBAN: ES72-0049-1892-67-2910381058.

Non perdades a oportunidade de sumar “unha gota” máis para Níxer formando un gran mar azul Marista.

Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.

#GotasParaNíxer #MaristasParaNíxer #CadaPasoConta

Categoría: